04 enero 2008

Para o 2008: Anarcosindicalismo


Bota a andar un ano novo, e para a CNT comeza como rematou o anterior: LOITANDO EN TÓDALAS FRONTES CONTRA O CAPITAL.


Días atrás informabamos da folga indefinida que manteñen desde o día 17 de Decembro as traballadoras e os traballadores da Limpeza de Metro de Madrid. A día de hoxe parece que a patronal intenta ver o aguante destes traballadores intentando rebentar unha vez tras outra esta folga que dura xa 15 días e que xa alcanzou repercusión nos medios de comunicación.

Por outro lado, o conflicto dos traballadores de Frape-Behr contra esta empresa alemana. Con gran repercusión internacional debido o chamamento feito á AIT polos compañeiros da Federación Local de Barcelona. Sucédense as mostras de solidariedad en Brasil, Alemaña, Turquía, Austria ...

Por Valladolid seguen a loitar contra a explotación brutal a que estaban sometidos os traballadores da ONG Adsis. En Zaragoza a pelexa contra Dibus, en Málaga a batalla contra Mercadona.

Especial mención merecen os compañeiros almerienses de Adra que de un xeito exemplar están a demostrar ao mundo enteiro a eficacia do anarcosindicalismo. Se no conflicto das gasolineiras Brisamar demostraron a súa tenacidade, agora enfróntanse ó concello de Adra. Parece ser que neste concello a nosa compañeira Mari Carmen está a ser víctima do acoso e da represión sindical.

Outro concello que tamén está no punto de mira da Confederación, é o concello de Camas, en Sevilla, có que os compañeiros de aquela localidade andaluza manteñen un conflicto desde días atrás. Parece ser que este concello sevillano está a incumprir os acordos os que chegaron co persoal laboral afiliado ao Sindicato de Servizos Públicos adherido á Federación Local de Sevilla. Apareceulles unha pedra nos zapatos ao concello de Camas. Teñen enfrente a unha federación do máis serio, tenaz e efectiva e tras ela toda a CNT ofrecendo apoio incondicional a esta loita.
E como no concello sevillano de Camas, a CNT de Compostela infórmanos da creación a finais de Novembro da Sección Sindical no concello de Ames. Boas novas. Desexámoslle longa vida a dita Sección Sindical.

En todos eles, e en moitos outros, a CNT está chamada a demostrar, un ano máis que as nosas tácticas son válidas e efectivas, sen dúbida.
Para o ano 2008, máis Anarcosindicalismo.