23 diciembre 2007

Os traballadores de Frape-Behr péchanse na planta da zona Franca


A pasada noite os traballadores de Frape Behr non foron á casa a pasalo nadal cos seus familiares porque decidiron ocupar a fábrica para intentar impedir tanto o peche como a postura favorable ó ERE da Generalitat de Catalunya este 24 de decembro.

Son xa tres os meses que estes compañeiros levan en loita contra o peche da planta da zona Franca, que ten a filial alemana Frape Behr en Barcelona. A Generalitat debe pronunciarse sobre o ERE o próximo 24 de decembro e apesares de non ter probado que a planta non sexa rendible está a presionar ós traballadores para que aceptaran un plan alternativo da empresa. Plan que incluía o despedimento de 50 traballadores e unha rebaixa nas condicións laborais de todos eles. Pero os traballadores lonxe de ceder a esta “chantaxe” decidiron tomar a medida de ocupalas instalacións da planta. Este encerro na fábrica irá acompañada de concentracións, en turnos de mañá e tarde, na praza de San Jaume. Estas medidas son apoiada polo 80 % da plantilla, segundo afirma a sección sindical CNT- Frape, no que o Sindicato considera unha situación “límite pero serena”.

A CNT loitando contra este peche patronal, esixe a Generalitat e á súa consellera Mar Serna recapaciten ó ver a 300 familias loitando contra a chantaxe e a coacción que supoñen os despedimentos. Por este motivo a CNT pide o rexeitamento do ERE e anunciamos accións solidarias cos traballadores encerrados en Frape, tanto aquí coma noutros países da man da Asociación Internacional de Traballadores (AIT).


Federación Local de Sindicatos de Barcelona, CNT-AIT
Axencia Confederal de Barcelona