10 enero 2008

Como avisabamos onte, hoxe seguimos medrando


Celebramos con ledicia vendo como a CNT segue a intensificar a súa presencia nas empresas e nas rúas


Aparece a Sección Sindical da CNT en Unísono-Vigo. Mentres as empresas sindicais e a patronal aproveitaban as festas do Nadal disfrutando dos privilexios que lles outorga o novo IV Convenio Estatal do sector do Telemárketing, os compañeiros da CNT que traballan nesa empresa constitúen esta sección sindical que intenta ser unha verdadeira alternativa de loita obreira. Sen dúbida que o que conseguirán. Proba da eficacia nas loitas obreiras do sindicato de oficios varios de Vigo é a victoria no conflicto contra cafeterías “la Barraca” e “La pequeña Barraca”.

CNT-Vigo.
R/ Príncipe 22, 1º piso, local 34- 36202 VIGO
Telefone e fax: 886 116 558
vigo@cntgaliza.org