Os dados do mes de Novembro en relación ao desemprego son unha vez máis catastróficos. No caso da Galiza aumentou en 6.357 persoas, e no Estado en 45.896, sendo o incremento do 4,3 e o 2,24 %. Como se pode ver o goberno de “progreso” non solventa a papeleta do paro en absoluto.
Despois de Baleares, Galiza é a 2ª comunicade autónoma na que aumentou máis o paro no mes de Novembro, chegando a se contabilizar 152.728 demandantes de emprego (o paro real é moito maior).
Non é que siga igual é que a tendencia é claramente regresiva e non se palía por outra parte con un incremento dos contratos indefinidos e o número de contratos descendeu nese mes un 18,6%.
As desempregadas galegas son na maioría mulleres co 63,3% do total, e como non os xovenes menores de 25 anos son máis do 10% dos demandantes de emprego.
Con todo este panorama laboral o que segue a vender é que en todo o ano, a respecto ao 2006 reduciuse o desemprego. Como?. Con que cifras estamos a xogar, coas de demandantes de emprego, coa poboación activa, cos desempregados e desempregadas reais?. O que temos claro é que hai precariedade e desemprego, e a precariedade mata.
Botar unha visual neste mesma páxina aos acidentes laborais e mortos da patronal que se veñen sucedendo no destaque : Terrorismo patronal.
Saúde e anarcosindicalismo, que falta fai.
Tirado de CNT Compostela