10 diciembre 2007

Contra a xenofobia estatal: Internacionalismo operario


A expulsión de decenas de reclusos do estado Español polo feito de seren estranxeiros anunciase na edición lucense de "La Voz de Galicia" como un feito natural e benigno.
Esta practica xudicial é moi antiga e, realmente era moi normal nos tempos do imperio colonial, e servía para garantir povoadores-escravos para as "provincias" desocupadas.
Hoxe en día non son necesarios colonos, mais si faise necesario para algúns lexitimar a xenofobia social, que é ben real e afecta a vida de todos aqueles que sofren o estigma de "seren estranxeiros". Dende a rúa, no traballo, na casa, na humillación verbal, nos preconceitos e xeneralizados ataques à dignidade de quen non é "español de derecho", o estado practica a lexitimación da inxustiza, cousa que se torna evidente na existencia, por exemplo, de un "Grupo Operativo de Extranjeros de la comisaría provincial lucense". De feito, unha mera visita à comisaria permite observar que, solo para solicitar un documento de identificación, os "estranxeiros" son conducidos a un balcón aleixado da sala para a "xente normal" por unha placa que inspiraría calquera dos cineastas que documentaron o Apartheid Sudafricano.
Mentres alarmar a sociedade contra "os estranxeiros" e os "inmigrantes" nos medios públicos non é considerado crime, mentres a persecución a diario e explotación d@s traballador@s inmigrantes de formas escuras é mantida en silencio, esas forzas do fascismo máis arcaico dan aires de Nadal con o seu pútrido alento de xenofobia e alabanse nos periódicos e na xustiza.
Os reclusos, do mesmo xeito que aquí cumpriron pena, aquí teñen dereito de refacer a súa vida. Ataquemos a Xenofobia!
Solidaricemos contra a telaraña xenófoba do estado.