O pasado luns 17 de Decembro comezaba a folga dos traballadores da Limpeza do Metro de Madrid. Como é habitual nestes casos os traballadores foron a concentrarse ó barrio de San Blas ás portas da empresa Ferroser. Ante a sospeita de que a empresa intentara meter esquirois, nas furgonetas onde ían os servizos mínimos, para rebentar a efectividade da folga. Os alí reunidos levaron unha serie de actuacións para impedir o acceso o centro das furgonetas onde ían ditos esquirois. Como resultado desta actuacións 4 afiliados a CNT foron detidos e acusados de atentado á autoridade e desordenes públicos.
Como soe ser habitual as empresas é a policía, actuando de xeito coordinado, para impedir o dereito á folga e demais dereitos dos traballadores, tendo como único obxectivo evitar a efectividade da folga.
Tamén cabe preguntarse porque en todo o tumulto que se formou só foron detidos 4 afiliados á CNT e por que (como vén sendo habitual) é a policía a que fai de acusación cando se supón que esta non é parte interesada no conflicto empresa- traballadores.
Por outra banda, resaltan os compañeiros de Madrid que non é certo que esteamos ante paros momentáneos como a empresa anuncia por megafonía, senón que estamos ante unha FOLGA INDEFINIDA convocada polos traballadores por substanciosas melloras laborais e pola igualdade no traballo. Que a Comunidade de Madrid poña os servizos mínimos que nalgún caso chegan ó 80 % da plantilla é un ataque directo contra o noso dereito a folga. Se as instalacións do Metro se deterioran facemos responsables ó goberno e á patronal por non escoitar.
A CNT loitando contra a patronal apoia a folga indefinida do único xeito que cre axeitado: Mediante a acción directa e o apoio mutuo.

SOV Madrid de CNT-AIT