O sindicato de oficios varios da CNT de Lugo, fixo unha concentración o pasado Mércores 5, para pedir ó pobo que non merque en Eroski do 1 ao 15 de Decembro en sinal de solidariedade cos traballadores en conflicto na Federación Local de L’Hospitalet.
A acollida da xente, en xeral foi bastante positiva ante este pequeno, pero importante, acto do noso sindicato. Tan só resaltar a advertencia da encargada de turno que amablemente nos informou de que Caprabo pouco tiña que ver con Eroski e que “ estabamos fora de lugar”. Respecto á primeira advertencia, informamos á mencionada encargada da adquisición de Caprabo por parte do grupo Eroski e que polo tanto éste era propietario da marca e que era o noso sentido do apoio mutuo e da solidariedade de clase o que nos chamaba a estar alí, por raro que lle parecera iso á amable coordinadora do centro.
Esta non foi a última das mobilización, xa que o noso sindicato volverá a saír a rúa as veces que sexan precisas ata a resolución deste conflicto. Por iso temos pensado realizar unha nova concentración esta semana para seguir informando, concienciando e difundindo o conflicto entre as xentes do pobo.