Tra-la victoria das traballadoras da limpeza na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, onde se conseguiron importantes melloras despois de varios meses de loita. 127 días de folga que fixeron que se escoitase a súa voz. Readmisión de 6 compañeiras despedidas, xornada de 37 horas, contratos fixos descontinuos con cláusula de garantía laboral (algo do que só gozan os funcionarios e os membros do Comité de empresa e 6 días máis de asuntos propios, á marxe dos que establecía o convenio colectivo provincial. Importantes melloras que lles permitirán traballar máis dignamente e conciliar a súa vida social e laboral. Ademais lograron que se lles recoñecese a antigüidade desde o primeiro día que empezaron a traballar no centro.
Foi a finais de Outubro cando a CNT de Vigo inicia un conflicto con Mistralina S.L. Irregularidades en canto á contratación e nas cantidades aboadas en concepto de salario (cobrando por debaixo do salario mínimo interprofesional e do estipulado no convenio do sector). A normativa de saúde é hixiene e ignorada por completo, as traballadoras non dispoñen de roupa de traballo, son obrigadas a comer dentro da obra e non cobran plus de toxicidade. Son algunhas das lindezas a que as somete o dono da empresa e que son bastante habituais no sector.
Por se todo isto fora pouco, un novo conflicto, agora en Madrid, onde http://www.cnt.es/soli.php?id=3558 veñen de convocar unha folga indefinida ata que se cumpran as súas reivindicacións:
1. Unificación-Equiparación de todalas condicións económicas e sociais para tódolos/as traballadores/as que presten servizo na Limpieza do Metro (Tabla Salarial única, entre outras cousas).
2. Estabilidade no emprego: Todos os/as traballadores/as que presten servizo na Limpeza do Metro de Madrid farano con Contrato Indefinido (Cláusula de Garantía Laboral).
3. Abono do Plus de Toxicidade, Penosidade e Perigosidade, na cuantía recollida no convenio colectivo do20% sobre o salario base a todolos/as traballadores/as que presten servicio na Limpeza de Metro de Madrid, có cobro del 100% del salario total.
4. Incremento salarial acorde có incremento da prestación de servizo que se ven dando ultimamente.
5. Xornada de 35 horas.
6. Cobro do total da cuantía de nómina desde el primeiro momento no que se declare a Incapacidade Temporal, por calquera motivo, dun/unha traballador/a.
7. Incremento de dous días de asuntos propios máis.
8. Creación en cada empresa de una Bolsa de traballo.
9. Clarificación de las tarefas que poden e non poden realizar as compañeiras embarazadas en relación coa súa seguridade.
O sindicato de oficios varios da CNT de Lugo chama os/as traballadores/as do ramo a organizarse para defenderse dos ataques constantes da clase empresarial e chámaos/as a loitar polos seus dereitos. Para chegar a un sitio... só hai que botar a andar.