O domingo 11, á mañá, no metro de Madrid, Carlos, un compañeiro de 16 anos foi arrebatado da sua vida por un militante da extrema direita que acodia a unha manifestación convocada por Democracia Nacional baixo a lexenda "Contra o racismo antiespañol, alto á imigración".
O asasino é un militar que empregou um coitelo de cozinha para asasinar a Carlos e ferir gravemente a outro compañeiro anti-fascista. Por se fose pouco, o próprio sistema avergoña-se de albergar a este tipo de elementos e oculta-os baixo o xenérico de "bandas rivais" negando a existéncia do crime político, disfrazando as agresións imigrantes como "feitos isolados".
En todo o Estado esta-se a articular a resposta contra estas agresións, que de nengum xeito poden ficar impunes, e merecen unha resposta social frontal e decidida. Desde a CNT apoiamos as convocatórias que se vaian producindo nos vindeiros dias, e chamamos a participar activamente das mesmas. Hoxe como onte, se non se combate, o fascismo avanza.

Tirado de: CNT-Galiza