O sindicato de oficios varios da F.L. da CNT de Lugo, convoca a tódolos traballadores e estudantes a participar na concentración que terá lugar hoxe as 19:30 horas na praza Maior de Lugo. Xunto con outros colectivos socias expresaremos o noso frontal rexeitamento ás actitudes xenófobas e autoritarias que se están a manifestar en distintos puntos da xeografía ibérica baixo o silencio da clase polítca no seu conxunto. Para nós o fascismo non sólo é unha ideoloxía, tamén é unha actitude.
"En toda Galiza convócanse folgas e concentracions por iniciativa cidadá antifascista, en resposta o asasinato de Carlos. O xoves 15 as 19:30 na plaza da Pregrina Pontevedra* *
20:00 horas na praza maior de Ourense
Ferrol o sabado 17 as 20:00 no Canton dos Molins
Asamblea antifascista o Martes 13 en Compostela na Casa Encantada
Xoves 15, 20:00 Enfrente del Marco en Vigo
Luns 12 as 20,30 concentracion diante da Delegacion do Governo naCoruña.
Carlos foi asesinado no metro de Madrid por Josué Estebanez de la Hijasoldado profesional e simpatizante do partido fascista Democracia Nacional que se dirixia a manifestación convocada por ese partidocontra a inmigración. Carlos entrou con outros compañeiros no vagon do metro cando o nazi esgrimiu un coitelo de caza co que atacou o grupo, Carlos recibiu unha coitelada no corazón que o mataría e outro xove quedou ferido. O asasino conseguiu fuxir pero foi retido por antifascistas e finalmente detido pola policia.En todo o estado convocaronse concentracións e manifestación para esta semana, en repulsa deste acto e das manifestacións fascistas que se repiten por todo o territorio co beneplácito das autoridades.A traves desta iniciativa cidada temos a intención de demostrar quenon permitiremos que os fascistas continuen coa sua espiral de violencia.
A CNT acusa tamen os gobernos de mirar cara outro lado mentres estes grupúsculos continuan dando mostras de racismo e atacando e asesinando os seus obxectivos: inmigrantes, mendigos, e xente de esquerdas,..."
¡Nengunha agresión sin resposta!