
Foron moitos meses nos que estivo a nosa compañeira sufrindo unha presión moi forte, desde que o seu coordinador Daniel Pérez empezara a campaña de acoso e derribo. Esta situación de acoso permanente fixeren que Susana sufrira secuelas físicas (perda de peso) e psicolóxicas (ansiedade, insomnio, pesadelos, sentimentos de indefensión e infravaloración, ...). Intentou informar ós xefes de persoal da zona dos seus problemas có mencionado coordinador. Estes fixeron caso omiso polo que a compañeira decidiu denunciar por acoso laboral a Daniel Pérez.
A resposta de Mercadona é o despedimento disciplinario. Como xa nos ten acostumados. Os compañeiros de diversos sindicatos da CNT están sufrindo o mesmo trato en todos os centros de traballo ó longo e ancho do territorio nacional.
A nosa contestación será a SOLIDARIEDADE exercida por tódolos sindicatos da CNT para dar a coñecer ás tácticas mafiosas que emprega Mercacoso alí onde se establece.
CNT EN LOITA, CNT EN MARCHA.