09 noviembre 2007

É o que hai?


Reproducindo as palabras d@s compañeir@s en loita na Caprabo-Ciencias:

"A frase máis oída no noso almacén "¡É o que hai!" é sinónima do que noutros sitios se chama "prevención e riscos laborais", aínda que se emprega en calquera situación onde o sentido común deixa de existir e define perfectamente como se traballa en un almacén de Caprabo.

-Se unha máquina non frea ou se frea en seco, leva a panca aguantada con fleje ou precinto, as pas tortas, se balancea como un barco ou simplemente non serve para poder traballar en condicións normais... ¡é o que hai!

-Se che fas un corte e pides unha tirita ou alcol e tráenche kleenex e precinto... ¡é o que hai!

-Se non chegas ao xénero situado arriba dos andeis colle un pau e intenta tiralo, subete encima da máquina ou crece... ¡é o que hai!

-Se che rompes as costas movendo caixas e logo non cobras prima... ¡é o que hai!

-Se o teu terminal non ten antena, corta un anaco de cable que atopes por aí e pono de antena ou búscache a vida para que non perda a conexión... ¡é o que hai!

-Se os palets quedan atascados na cinta, súbeche nos rodetes para empuxalos ou usa unha panca. Se se caen dentro do silo, entra a recollelos e sobre todo intenta non estar á beira cando se caen... ¡é o que hai!

-Se non hai iluminación suficiente, porque non cambian os fluorescentes cando se funden, comprate un casco de mineiro...¡é o que hai!

-Se che doe a barriga ao beber auga das fontes, non bebas... ¡é o que hai!

Se de golpe aparece un sindicato que non cala, que saca toda a merda deste almacén, que di as verdades que outros ocultan e manipulan e que está disposto a loitar para mellorar e protexer as nosas condicións de traballo...

¡¡¡É O QUE HAI!!
"

Animate a visitar o local, na Rúa Nova, que encontrarás aberto todolos Martes e Xoves de 20:00h a 21:00 horas e a próxima Asembleia, no local, Domingo às 7 da tarde!