Organizacións sociais, sindicais e cidadás de Galicia
apoiamos as Marchas da dignidade porque consideramos que hai que frear a
deterioración das nosas condicións de vida como pobo, o cal está, en gran
medida provocado polos poderes financieiros, políticos e empresariais.
Precisamente eles son os responsables de que no noso país os nenos pasen fame e
xa se estean dando casos de desnutrición infantil; de que 12'5 millóns de
persoas vivan con menos de 7.040€ anuais; de que haxa seis millóns de persoas
no paro; de que os salarios e as condicións laborais se vexan minguadas polas
sucesivas reformas laborais; de que as pensións sexan insuficientes e de que os
pensionistas perdan poder adquisitivo; de que se reprima constante e
selectivamente a sindicalistas e activistas sociais en diferentes ámbitos; de
que se expulse as persoas das súas vivendas; de que moita xente quede sen unha
adecuada asistencia sanitaria; de que a xente xove teña que emigran en busca de
traballo; de que o noso medio ambiente esté totalmente desprotexido ante o
capital; de que a xenofobia sexa unha constante na política de inmigración que
aplica este goberno; e tantos outros atropelos a esta nosa sociedade.
Por
isto mobilizámonos para que saiban que:
- Os nosos dereitos
(saúde, educación, vivenda, emprego ...) e as nosas liberdades non se
tocan. ¡BASTA XA DE ASOBALLARNOS!. Enfrontarémonos aos seus atropelos e
loitaremos contra o sistema corrupto en prol dunha sociedade máis xusta e
igualitaria .
Así,
esiximos:
- Que o rescate á banca sexa restituído ao pobo.
- Derogación da lexislación laboral e en materia de pensións
vixente.
- Contratos fixos, salarios dignos, semana laboral de 30 h.
- Incautación de sectores estratéxicos para o desenvolvemento
da sociedade (enerxía, auga, transportes, servicios sociais, sanidade ...)
- Dereito á vivenda
digna inembargable.
- Dereito á libre decisión sobre a saúde sexual e
reproductiva (aborto libre e gratuíto).
- Retirada da Lei "Mordaza".
A
loita e a mobilización permanente é o único camiño. Por iso chamamos á
participación nas "Marchas pola dignidade" que confluirán a Madrid o
vindeiro 22 de Marzo.
PREVIAMENTE O MÉRCORES
26 DE FEBREIRO HABERÁ MANIFESTACIÓNS EN DISTINTAS CIDADES DE GALIZA. EN LUGO A
MANIFESTACIÓN SAIRÁ ÁS 20:00h. DO EDIFICIO DA XUNTA (RONDA DA MURALLA)
¡VIVA A LOITA DA CLASE
OBREIRA E OS SECTORES POPULARES!
¡VIVA O POBO EN
MOVEMENTO!
¡BASTA XA DE REPRESIÓN!
¡CONTRA O CAPITAL E OS SEUS LACAIOS!