O pasado 29 de Novembro o
Ministro de Interior Jorge Fernández Díaz presentaba ante o Consello de
Ministros o borrador do Anteproxecto da Lei para a Protección da Seguridade
Cidadá. Por este motivo varios colectivos (entre eles CNT Lugo), que estamos a traballar en diversos
ámbitos da cidade de Lugo autoorganizámonos para levar a cabo un acto de
protesta conxunto en contra do que nos parece un ataque directo ao exercicio
das liberdades as que todos como cidadáns e cidadás temos dereito.
A
manifestación terá lugar o venres 27 de Decembro de 2013 e comezará ás 20:00h
diante da Subdelegación do Goberno. Con anterioridade, o luns 23 de Decembro de
2013 temos previsto dar unha rolda de prensa na Cova da Terra, a cal terá lugar
a iso das 11:30h. para explicar con máis detalle o contido da nosa protesta.
¡TRAE POSTA A TÚA CARETA FAVORITA!