"Os carteiros sémpre chaman varias veces" e esta vez chaman á solidariedade. E están en loita para conseguir que os seus dereitos sexan respectados.
Intentan deste xeito mellorar as súas condicións de traballo (e mesmo de vida) garantindo así un mellor servizo para os usuarios. Se a túa correspondencia non chega a tempo ao seu destino e te preguntas a que se pode deber iso, sería interesante botar un ollo ao artigo deste enlace, onde se pode ver ás situacións de acoso permanente e altas cargas de traballo a que son sometidos algúns carteiros cando reclaman os seus dereitos, que por definición son seus.
Para rematar con esta situación de acoso, a sección sindical da CNT en Correos adherida ao Sindicato de Oficios Varios de Vigo chama "á solidariedade contra o fascismo empresarial e sindical, concentrándose diante da Xefatura de Vigo, Pontevedra, Galiza ( Compostela) e nacional (Madrid), pois a mafia sindical díxolle aos mafiosos da Direción de Correos, que o compañeiro está só e que ninguén o vai a apoiar".