25 enero 2008

A CNT COS TRABALLADORES MIGRADOS

Se a explotación laboral parece ser algo xa bastante habitual no ramo da Hostalería, non podemos (nin debemos) pasar por alto o caso de Jurgita Zalgyte, camareira e compañeira deste sindicato. Nai Traballadora que viu como os seus dereitos eran pisoteados ante a pasividade dos membros da forza pública.

Veciña da cidade de Lugo, e compañeira deste sindicato, que con unha valentía e tenacidade que non deixa de abraiarnos, decidiuse a denunciar os atropelos que contra a súa persoa se estaban a cometer.

Xornadas de máis de 16 horas, sen contrato e sen dar de alta na Seguridade Social, non foron motivos suficientes para que os membros da “orde pública” do posto de Mera coñecedores da súa situación, nun ataque de humanidade, fixeran o posible para evitar esta situación de escravitude manifesta que padecía a nosa compañeira Jurga.

Ante estas circunstancias, a nosa compañeira decídese a emprender unha loita contra todo o sistema. Denunciando por un lado a explotación brutal á que era sometida pola empresa e por outro lado a pasividade da Xustiza ante un caso claro de atropelo dos dereitos humanos máis básicos, entre os cales consideramos a DIGNIDADE.

Leccións de dignidade son as que nos da a compañeira Jurgita Zalgyte . Para ela vai dedicado este pequeno artigo de solidariedade, como non podía ser doutro xeito.

A CNT seguirá vixiando este caso, á espera de que a autoridade xudicial cumpra coa parte que lle corresponde, aplicando a xustiza que se merece a nosa compañeira.

http://www.cntgaliza.org/

http://cntbetanzos.blogspot.com/

http://cnthosteleria.blogspot.com/