O sindicato de oficios varios da CNT de Lugo, SOLIDARÍZASE cos compañeiros da Sección Sindical da CNT no centro loxístico de Caprabo (pertencente ó Grupo Eroski) en L’Hospitalet. Este sindicato realizará unha serie de mobilizacións pedindo ós veciños desta localidade que do 1 ó 15 de Decembro NON COMPRE en ningún centro de Eroski. E deste xeito apoie ós traballadores en conflicto.
Esta campaña de BOICOT á marca Eroski, vén motivada pólo rexeitamento da CNT, ás lamentables condicións laborais que sofren diariamente os traballadores do ramo nos seus postos de traballo, baixo o absoluto silencio dos Comités de Empresa que os “representan”.
Unha vez máis as continuas negativas da Empresa e do Comité de Empresa a atender as demandas dos nosos compañeiros, que suporían importantes melloras nas condición laborais para toda a plantilla do centro, a Sección Sindical da C.N.T. en Caprabo-Eroski convocou unha serie de mobilizacións para conseguir as seguintes reivindicacións:
- Delimitación clara das primas de rendemento.- Retribución dos 30 minutos de descanso de cada xornada laboral.- Clarificación e promoción real entre las diversas categorías profesionais.
- Cumprimento de las leis sobre Prevención y Riscos Laborais no traballo.
A SOV de Lugo tén prevista unha concentración para o próximo mércores 5 (ás 20 horas), diante do Eroski da rúa San Roque para levar o conflicto ás conciencias da cidadanía. Porque se te deixas pisar hoxe...¿Que farán cos teus fillos mañá?
Do 1 ó 15 de Decembro:
¡NON COMPRES NOS SUPERMERCADOS EROSKI!