22 noviembre 2007

Betanzos Libertario

Desde o sindicato de oficios varios da CNT de Lugo mandamos un saúdo confederal ós compañeiros da CNT de Betanzos e felicitámolos polo magnífico traballo de información e propaganda que están a facer das ideas anarcosindicalistas e das loitas da Confederación.
Esta labor de divulgación das ideas libertarias polo mundo, a través da rede, é unha das causas que nos animaron a seguir os seus pasos, e dinamizar o noso blog. Desde que hai un ano empezaran a súa andaina e empezaron a traballar no proxecto de sacar adiante o seu órgano de prensa, foron moitos os seus visitantes. Por unha ou outra causa, somos moitos os que nos sentimos atraídos por aquela bitácora betanceira.
Presaxiamos moitos días de loita e colaboración xuntos.

O Núcleo Confederal de Betanzos está adherido á Rexional Galaica da CNT
a través do S.U.O.V. de A Coruña.
Rua Washington 36 baixos
15011 A Coruña
tlf:981.904.944
Ap. 928 (15080 A Coruña)
corunha@cntgaliza.org

Apartado de Correos 95
15.300 Betanzos.


betanzos@cntgaliza.org