24 octubre 2007

TERRORISMO PATRONAL


Como resultado do alto grao de precariedade, dos frenéticos ritmos de traballo, da cantidade de horas traballadas por xornada e das deficientes ou ausentes medidas de seguridade, entre outras causas, cada día os traballadores estamos a sufrir esa gran lacra do TERRORISMO PATRONAL.

Alí onde outros contabilizan as enfermidades profesionais e os mortos como perdidas económicas, nós vemos un acto de terrorismo.
Onde outros ven mercancía, nós vemos seres humanos.

CNT seguirá alzando a súa voz contra o silencio dos medios de información para denunciar cada novo acto de terrorismo patronal. Para tomar conciencia de que a solución pasa pola organización, pola loita obreira contra a patronal e contra o Estado que lle da sustento.


Galiza: Xaneiro- Agosto: 36.354 (Leves) + 659 (Graves) + 58 (MORTAIS)
Accidentes de traballo totais : 37.071

Provincia de Lugo: (Mesmo periodo) 3395 (Leves)+68 (Graves) +12 (MORTAIS)
Accidentes de traballo totais: 3475