25 octubre 2007

¡Chamadas á Solidariedade!


Queremos, desde a CNT de Lugo, divulgar os conflictos que a Confederación vén tendo noutros lugares para que os traballadores (e a cidadanía en xeral) tomen conciencia sobre como van as cousas no resto do Estado (que para concienciarse sobre o cambio climático xa temos ao profesor Rajoy).
A
seción sindical de Correos da CNT de Madrid apoia a folga dos días 29, 30 e 31 de Outubro contra a supresión do turno de tarde en Madrid porque supón unha redución encuberta de postos de traballo e un aumento nas cargas de traballo o cal afectará negativamente sobre a calidade tanto do traballo como do servicio que se lle ofrece ós usuarios.
E tras os problemas que ven tendo a Anarcosindical con Merca-Imperio nos distintos puntos da xeografía española, agora os compañeiros da
sección sindical de Caprabo non chegan a acordos coa empresa polo que continúan a folga e a CNT de L’Hospitalet chama ao boicot á dita marca (Caprabo- Eroski). ¿E que piden estes compañeiros?:
- Cumprimento de las leis sobre prevención y riscos laborais no traballo.
- Delimitación clara das primas de rendemento.
- Retribución dos 30 minutos de descanso de cada xornada laboral.
- Clarificación e promoción real entre as diversas categorías profesionais.

Semella que a seguridade e a saúde dos traballadores son secundarias para os xefazos dos hipermercados.