É hora de deixar de
retroceder, é hora de gañar unha vida digna. É hora de poñernos as cousas
doadas e organizarnos para non voltar a perder unha batalla.
¡É hora de que contes
connosco!
INDEPENDENTES:
A autoxestión é o medio que ten CNT para tratar de asegurar a súa independencia no político e no económico. Ao sindicalismo sucédelle o mesmo que ao periodismo, é dicir, ten que ser economicamente independente se quere ser libre. Por iso, a dependencia que outros sindicatos teñen dos cartos que reciben mediante subvencións e outras vías, obrígaos a non morder a man que lles dá de comer. O mesmo acontece coa independencia política. Dificilmente pode falarse de liberdade de acción cando un sindicato se constitúe como correa de transmisión dun partido político. O partido decide e o sindicato obedece.
ENTRE IGUAIS:
CNT
construímola en común. Xunt@s decidimos que é o que nos convén como
traballador@s e como debemos traballar para conseguilo. Por iso, as decisións
tómanse na asemblea do sindicato. Aquí non existe unha casta sindical que
decida polo resto de persoas afiliadas. Os cargos na CNT
só representan os acordos tomados polo sindicato e non son remunerados. Ter un
cargo nesta organización é unha responsabilidade, non un privilexio.
SOLIDARI@S:
En CNT sabemos que a relación de forzas entre o empresario e o traballador/a non é equilibrada. Por iso, entendemos que a nosa forza radica no apoio mutuo entre @s de abaixo. Entendemos que a solidariedade funciona e que a resignación non é útil. Os dereitos e liberdades que aínda gozamos non nos foron regalados. Son conquistas arrancadas ao capital por unha clase obreira forte e organizada. Así que, en CNT, se nos tocan a un/unha, tócannos a tod@s. Ao contrario do que sucede cando unha persoa traballadora acode aos sindicatos de concertación, CNT pelexa todas as batallas porque para nos, non hai dereito nin campaña pequena. Para que o medo cambie de bando fai falta unidade, fai falta que nós sexamos máis fortes. E iso conséguese contigo entrando na CNT.

ÚTILES:
Contando coa forza que outorgan a loita e o traballo desenvolvidos pol@s nos@s afiliad@s somos capaces de lograr significativas vitorias alí onde estamos presentes: frear recortes salariais, impedir descolgues de convenio, conseguir novos dereitos laborais ou lograr a readmisión de compañeir@s despedido@s.
A farsa da participación
política, esa que consiste en limitar a intervención da sociedade a depositar
un voto cada catro anos, ten o seu paralelismo no mundo do traballo coas
eleccións sindicais. Existen dous tipos de sindicatos: os que como CNT basean a súa forza na afiliación e os que a basean nos
privilexios concedidos polos votos recibidos nas eleccións sindicais,
independentemente da súa implantación real en cada empresa ou sector. Esos
privilexios outorgan aos líderes das burocracias sindicais (como CCOO ou UGT) o 'dereito' a
falar e decidir en nome do resto de traballador@s.
¿POR QUÉ ORGANIZARTE?
Porque sol@ non podes
enfrontarte aos empresarios pero con amigos si. Porque se nos unimos e nos organizamos
sindicalmente poderemos constituírnos nunha forza
capaz de facer fronte á patronal e frear as agresións e os recortes que estamos
a sufrir en materia laboral, económica e social.
¿POR QUÉ NA CNT?
Porque a CNT ofréceche un modelo sindical non baseado nas eleccións
sindicais senón nunha estrutura de base formada pol@s afiliad@s ao sindicato en
cada centro de traballo. Porque as seccións sindicais da CNT
nos centros de traballo son unha ferramenta efectiva na que se practica a democracia
directa e na que n@s somos @s protagonistas.
A CNT
é a ferramenta coa que defendernos colectivamente xunto aos que teñen os nosos
mesmos problemas e intereses. Un sindicato independente construído por
traballador@s, parad@s, precari@s, estudantes, xubilad@s, autónom@s, fals@s
autónom@s ..., non por profesionais do sindicalismo.
Un sindicato que se arremanga para ser útil nos
sectores tradicionais pero tamén nos máis precarios, en empresas grandes e
pequenas, polos dereitos d@s que teñen traballo e d@s que non.
A CNT ven impulsando este sindicalismo dende hai anos, e non son poucas as vitorias que conseguimos, mesmo nos sectores máis precarios e nas loitas máis difíciles. Necesitamos espallar esta forma de facer sindicalismo. É hora de sumarse a este xeito de facer sindicalismo, de difundila, de poñela en marcha en todos os centros de traballo.