Unha vez máis a CNT en Lugo participou na
manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes con motivo da folga estudantil
do pasado 20 de Novembro para denunciar o atraso que supoñerá a LOMCE para o xa
deteriorado sistema educativo de este país. A manifestación comezou ás 12:00h
na praza Hortas do Seminario e transcorreu sen incidentes para rematar diante
do edificio administrativo da Xunta de Galicia. A pesar de que consideramos que
a LOMCE non é nin moito menos o único problema que ten o sistema educativo
actual, si creemos que é necesario sair á rúa. Consolídase con esta lei o
actual modelo de explotación orientando o ensino únicamente hacia o mercado de
traballo e non hacia a formación científica e humana do estudantado, a privatización (empobrecendo ainda máis o
ensino público), a centralización, a
verticalización do sistema educativo público e a relixión dentro das aulas. Por
todo iso para nos a folga sempre será un día para sinalar a eses que pretenden
perpetuar este sistema de miseria.¡ Saúde e anarquía!