13 mayo 2008

XUICIO A UN HISTORIADOR

Este xoves, 15 de maio, terá lugar na Estrada o xuízo contra o
compañeiro de Verbo Xido e xerente do Centro Etnográfico Terra de
Montes, Alfredo González Ruibal. Ás 11,30 horas será a vista previa da
demanda presentada pola familia do ex-alcalde franquista de Cerdedo,
Manuel Gutiérrez Torres. A sitruacion en que se atopa Alfredo Gonzalez
e a mesma na que se atopa o historiador Dionisio Pereira, denunciado pola
sua labor coma historiador e os que se lle quere facer retractarse
dunha
analise da historia baseada en datos obxetivos, un evidente caso de
censura ao traballo pola recuperación da historia soterrada deste pais.

O sindicato da CNT de Pontevedra quere solidarizarse tanto con Alfredo
como co historiador Dionisio Pereira. Animamos ós afiliados e á xente
en xeral a acercarse o xoves á mañá ata A Estrada para amosar o apoio
incondicional a estes investigadores que tanta luz están arroxando
sobre o que durante tanto tempo foron tenebras. Semella que aínda queda moita
xente con cousas que esconder e cousas das que arrepiarse. Pero en
recordo de Xosé Otero Espasandín, José Canabal, os irmáns Quintillán
Cardesín e tantos e tantos fuxidos, asasinados e represaliados, non
debemos permitir que se silencie a verdade.
Aproveitamos para lembrar o número da conta solidaria aberta para
axudar nos gastos de ambos procesos xudiciais: 2080-0480-11-0040118605