06 noviembre 2007

Por unha revista anarquista.


Unha serie de conxéneres de diversas partes de Galiza mediante a formación do colectivo Renderén inician unha andaina para aportar a diversos problemas que nos rodean unha perspectiva libertaria.
O seu obxectivo é fundar un colectivo editor, asembleario e autónomo que aporte reflexión e crítica. Que sirva como ferramenta para a dar soporte a ideas e solucións prácticas para o mundo de hoxe. Que permitan a transformación da sociedade actual nun mundo xusto e racional.
E para iso que mellor que empezar con un tema novidoso para algúns, descoñecido para outros, de profunda actualidade para os máis e sobre todo de importancia contrastada para todos os seres vivos (e inertes) do planeta: “A falacia da sustentabilidade”.
Estes compañeiros agardan a vosa participación neste proxecto ata o 18 de Decembro data en que pechan a rolda de colaboracións.
Desexámoslles moito éxito nos seus propósitos e obxectivos. Que de seguro terán.
Renderen Apdo nº457 Ourense