70 anos despois dos tristes asasinatos dos combatentes do “Batallón Galicia”, a CNT volveu ó lugar dos feitos para render homenaxe a aqueles que xa hai ben anos, loitaron pola liberdade ata as súas últimas consecuencias. Consecuencias que xaceron a algúns metros baixo terra durante tan longo espazo de silencio. Un silencio imposto, imposto para que tódolos traballadores non coñeceramos as razóns que levaron a aqueles homes ata o “Alto do Acebo” aquel outubro do 37 e que hoxe pretenden volver a soterrar coa famosa lei da Memoria Histórica. Lei do punto e final.
Non se trataba sen dúbida de loitadores republicanos, como tamén nos queren facer ver, xa que os seus corazón latían revolucionarios.
A día de hoxe, tanto tempo despois, a CNT non só está a mirar ó pasado. Aproveitamos ese pasado (que por unha parte demostrou que as nosas utopías son posibles), e traémolas ó presente. Coa mirada posta no futuro. E o que nos espera é un futuro alentador, cada día somos máis e temos máis gañas de seguir pelexando polo que nos corresponde. Pelexando nas rúas e nas empresas, nas escolas e nos talleres. Debemos afrontalo coa cabeza ben alta. Debemos estar orgullosos desta organización, como no seu día o estiveron aqueles compañeiros do Batallón Galicia. Saúde compañeiros.