04 abril 2007

SOLIDARIDADE EN VILALBA NO CONFLICTO CONTRA MERCADONA

Este sábado 31 de marzo, concentrámonos, como estaba previsto, diante de Mercadona en Vilalba. Compañeiros e compañeiras chegados de toda Galiza, estaban alí para solidarizarse co compañeiro despedido no mesmo centro de traballo tras o continuo acoso o que estaba sendo sometido a raíz de crear a Sección Sindical da que él foi elixido delegado, e para revindicar o dereito á liberdade sindical que a este traballador lle foi negado. Salvo algún que outro incidente , todo transcorreu con normalidade.
Unha vez máis a CNT demostrou que é posible outra forma de sindicalismo baseada no apoio mútuo e na solidariedade.
Desde a CNT non imos a parar ata que o noso compañeiro sexa readmitido no seu posto de traballo.