Mostrando entradas con la etiqueta Conflictos Laborais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conflictos Laborais. Mostrar todas las entradas

03 marzo 2008

Os carteiros sempre chaman varias veces


"Os carteiros sémpre chaman varias veces" e esta vez chaman á solidariedade. E están en loita para conseguir que os seus dereitos sexan respectados.

Intentan deste xeito mellorar as súas condicións de traballo (e mesmo de vida) garantindo así un mellor servizo para os usuarios. Se a túa correspondencia non chega a tempo ao seu destino e te preguntas a que se pode deber iso, sería interesante botar un ollo ao artigo deste enlace, onde se pode ver ás situacións de acoso permanente e altas cargas de traballo a que son sometidos algúns carteiros cando reclaman os seus dereitos, que por definición son seus.



Para rematar con esta situación de acoso, a sección sindical da CNT en Correos adherida ao Sindicato de Oficios Varios de Vigo chama "á solidariedade contra o fascismo empresarial e sindical, concentrándose diante da Xefatura de Vigo, Pontevedra, Galiza ( Compostela) e nacional (Madrid), pois a mafia sindical díxolle aos mafiosos da Direción de Correos, que o compañeiro está só e que ninguén o vai a apoiar".

20 febrero 2008

A precariedade volve a salpicarnos ¡Sálvese quen poida!


As empresas públicas, os concellos, universidades, deputacions... veñen privatizando os servicios sen controlar minimamente a precariedade dos contratos destas empresas que aproveitan o "desexo de mellora de xestión" duns servicios que os politicos apuran por inaugurar antes de cada elección. Uns rendabilizan os cartos de todos e outros os votos dos "cidadans" de costumes electoráis.
Benvidas sexan esas piscinas. ¿Pero agora quen vai controlar a piratería empresarial?.

Os concellos lávanse as máns. Os precarios non contan.

23 enero 2008

Dase por rematado o conflito de Frape-Behr


Rematou o conflito de Frape-Behr. Á terceira a empresa coa inestimable axuda da Genralitat saiuse coa súa. Despediranse a 98 obreiros (92 ERE+6). A situación non semellaba sinxela e os compañeiros decidiron optar polo plan B. Indenizarase con 45 días brutos por ano, con unha paga lineal de 7000 € e un tope de 42 mensualidades.


Os nosos compañeiros na Frape lonxe de consideralo unha victoria pensan que esto só corresponde a un primeiro plan da direción da empresa para acabar botando a todo o mundo á rúa. Por iso manteñense alerta ante posibles futuras loitas.


Agradecemos aos compañeiros, amigos ao redor do mundo que se implicaron para botar unha man aos nosos irmáns na Frape. Lección de loita obreira en defensa dos seus postos de traballo.


Ampliar información en CNT- Frape

10 enero 2008

Como avisabamos onte, hoxe seguimos medrando


Celebramos con ledicia vendo como a CNT segue a intensificar a súa presencia nas empresas e nas rúas


Aparece a Sección Sindical da CNT en Unísono-Vigo. Mentres as empresas sindicais e a patronal aproveitaban as festas do Nadal disfrutando dos privilexios que lles outorga o novo IV Convenio Estatal do sector do Telemárketing, os compañeiros da CNT que traballan nesa empresa constitúen esta sección sindical que intenta ser unha verdadeira alternativa de loita obreira. Sen dúbida que o que conseguirán. Proba da eficacia nas loitas obreiras do sindicato de oficios varios de Vigo é a victoria no conflicto contra cafeterías “la Barraca” e “La pequeña Barraca”.

CNT-Vigo.
R/ Príncipe 22, 1º piso, local 34- 36202 VIGO
Telefone e fax: 886 116 558
vigo@cntgaliza.org

04 enero 2008

Para o 2008: Anarcosindicalismo


Bota a andar un ano novo, e para a CNT comeza como rematou o anterior: LOITANDO EN TÓDALAS FRONTES CONTRA O CAPITAL.


Días atrás informabamos da folga indefinida que manteñen desde o día 17 de Decembro as traballadoras e os traballadores da Limpeza de Metro de Madrid. A día de hoxe parece que a patronal intenta ver o aguante destes traballadores intentando rebentar unha vez tras outra esta folga que dura xa 15 días e que xa alcanzou repercusión nos medios de comunicación.

Por outro lado, o conflicto dos traballadores de Frape-Behr contra esta empresa alemana. Con gran repercusión internacional debido o chamamento feito á AIT polos compañeiros da Federación Local de Barcelona. Sucédense as mostras de solidariedad en Brasil, Alemaña, Turquía, Austria ...

Por Valladolid seguen a loitar contra a explotación brutal a que estaban sometidos os traballadores da ONG Adsis. En Zaragoza a pelexa contra Dibus, en Málaga a batalla contra Mercadona.

Especial mención merecen os compañeiros almerienses de Adra que de un xeito exemplar están a demostrar ao mundo enteiro a eficacia do anarcosindicalismo. Se no conflicto das gasolineiras Brisamar demostraron a súa tenacidade, agora enfróntanse ó concello de Adra. Parece ser que neste concello a nosa compañeira Mari Carmen está a ser víctima do acoso e da represión sindical.

Outro concello que tamén está no punto de mira da Confederación, é o concello de Camas, en Sevilla, có que os compañeiros de aquela localidade andaluza manteñen un conflicto desde días atrás. Parece ser que este concello sevillano está a incumprir os acordos os que chegaron co persoal laboral afiliado ao Sindicato de Servizos Públicos adherido á Federación Local de Sevilla. Apareceulles unha pedra nos zapatos ao concello de Camas. Teñen enfrente a unha federación do máis serio, tenaz e efectiva e tras ela toda a CNT ofrecendo apoio incondicional a esta loita.
E como no concello sevillano de Camas, a CNT de Compostela infórmanos da creación a finais de Novembro da Sección Sindical no concello de Ames. Boas novas. Desexámoslle longa vida a dita Sección Sindical.

En todos eles, e en moitos outros, a CNT está chamada a demostrar, un ano máis que as nosas tácticas son válidas e efectivas, sen dúbida.
Para o ano 2008, máis Anarcosindicalismo.

23 diciembre 2007

Os traballadores de Frape-Behr péchanse na planta da zona Franca


A pasada noite os traballadores de Frape Behr non foron á casa a pasalo nadal cos seus familiares porque decidiron ocupar a fábrica para intentar impedir tanto o peche como a postura favorable ó ERE da Generalitat de Catalunya este 24 de decembro.

Son xa tres os meses que estes compañeiros levan en loita contra o peche da planta da zona Franca, que ten a filial alemana Frape Behr en Barcelona. A Generalitat debe pronunciarse sobre o ERE o próximo 24 de decembro e apesares de non ter probado que a planta non sexa rendible está a presionar ós traballadores para que aceptaran un plan alternativo da empresa. Plan que incluía o despedimento de 50 traballadores e unha rebaixa nas condicións laborais de todos eles. Pero os traballadores lonxe de ceder a esta “chantaxe” decidiron tomar a medida de ocupalas instalacións da planta. Este encerro na fábrica irá acompañada de concentracións, en turnos de mañá e tarde, na praza de San Jaume. Estas medidas son apoiada polo 80 % da plantilla, segundo afirma a sección sindical CNT- Frape, no que o Sindicato considera unha situación “límite pero serena”.

A CNT loitando contra este peche patronal, esixe a Generalitat e á súa consellera Mar Serna recapaciten ó ver a 300 familias loitando contra a chantaxe e a coacción que supoñen os despedimentos. Por este motivo a CNT pide o rexeitamento do ERE e anunciamos accións solidarias cos traballadores encerrados en Frape, tanto aquí coma noutros países da man da Asociación Internacional de Traballadores (AIT).


Federación Local de Sindicatos de Barcelona, CNT-AIT
Axencia Confederal de Barcelona

Detidos 4 militantes da CNT nos piquetes da folga da limpeza de metro de Madrid

O pasado luns 17 de Decembro comezaba a folga dos traballadores da Limpeza do Metro de Madrid. Como é habitual nestes casos os traballadores foron a concentrarse ó barrio de San Blas ás portas da empresa Ferroser. Ante a sospeita de que a empresa intentara meter esquirois, nas furgonetas onde ían os servizos mínimos, para rebentar a efectividade da folga. Os alí reunidos levaron unha serie de actuacións para impedir o acceso o centro das furgonetas onde ían ditos esquirois. Como resultado desta actuacións 4 afiliados a CNT foron detidos e acusados de atentado á autoridade e desordenes públicos.

Como soe ser habitual as empresas é a policía, actuando de xeito coordinado, para impedir o dereito á folga e demais dereitos dos traballadores, tendo como único obxectivo evitar a efectividade da folga.

Tamén cabe preguntarse porque en todo o tumulto que se formou só foron detidos 4 afiliados á CNT e por que (como vén sendo habitual) é a policía a que fai de acusación cando se supón que esta non é parte interesada no conflicto empresa- traballadores.

Por outra banda, resaltan os compañeiros de Madrid que non é certo que esteamos ante paros momentáneos como a empresa anuncia por megafonía, senón que estamos ante unha FOLGA INDEFINIDA convocada polos traballadores por substanciosas melloras laborais e pola igualdade no traballo. Que a Comunidade de Madrid poña os servizos mínimos que nalgún caso chegan ó 80 % da plantilla é un ataque directo contra o noso dereito a folga. Se as instalacións do Metro se deterioran facemos responsables ó goberno e á patronal por non escoitar.
A CNT loitando contra a patronal apoia a folga indefinida do único xeito que cre axeitado: Mediante a acción directa e o apoio mutuo.

SOV Madrid de CNT-AIT

16 diciembre 2007

A Limpeza segue a dar batalla á patronal


Na foto: As traballadoras da UPO mobilizándose
Tra-la victoria das traballadoras da limpeza na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, onde se conseguiron importantes melloras despois de varios meses de loita. 127 días de folga que fixeron que se escoitase a súa voz. Readmisión de 6 compañeiras despedidas, xornada de 37 horas, contratos fixos descontinuos con cláusula de garantía laboral (algo do que só gozan os funcionarios e os membros do Comité de empresa e 6 días máis de asuntos propios, á marxe dos que establecía o convenio colectivo provincial. Importantes melloras que lles permitirán traballar máis dignamente e conciliar a súa vida social e laboral. Ademais lograron que se lles recoñecese a antigüidade desde o primeiro día que empezaron a traballar no centro.

Foi a finais de Outubro cando a CNT de Vigo inicia un conflicto con Mistralina S.L. Irregularidades en canto á contratación e nas cantidades aboadas en concepto de salario (cobrando por debaixo do salario mínimo interprofesional e do estipulado no convenio do sector). A normativa de saúde é hixiene e ignorada por completo, as traballadoras non dispoñen de roupa de traballo, son obrigadas a comer dentro da obra e non cobran plus de toxicidade. Son algunhas das lindezas a que as somete o dono da empresa e que son bastante habituais no sector.

Por se todo isto fora pouco, un novo conflicto, agora en Madrid, onde http://www.cnt.es/soli.php?id=3558 veñen de convocar unha folga indefinida ata que se cumpran as súas reivindicacións:

1. Unificación-Equiparación de todalas condicións económicas e sociais para tódolos/as traballadores/as que presten servizo na Limpieza do Metro (Tabla Salarial única, entre outras cousas).
2. Estabilidade no emprego: Todos os/as traballadores/as que presten servizo na Limpeza do Metro de Madrid farano con Contrato Indefinido (Cláusula de Garantía Laboral).
3. Abono do Plus de Toxicidade, Penosidade e Perigosidade, na cuantía recollida no convenio colectivo do20% sobre o salario base a todolos/as traballadores/as que presten servicio na Limpeza de Metro de Madrid, có cobro del 100% del salario total.
4. Incremento salarial acorde có incremento da prestación de servizo que se ven dando ultimamente.
5. Xornada de 35 horas.
6. Cobro do total da cuantía de nómina desde el primeiro momento no que se declare a Incapacidade Temporal, por calquera motivo, dun/unha traballador/a.
7. Incremento de dous días de asuntos propios máis.
8. Creación en cada empresa de una Bolsa de traballo.
9. Clarificación de las tarefas que poden e non poden realizar as compañeiras embarazadas en relación coa súa seguridade.


O sindicato de oficios varios da CNT de Lugo chama os/as traballadores/as do ramo a organizarse para defenderse dos ataques constantes da clase empresarial e chámaos/as a loitar polos seus dereitos. Para chegar a un sitio... só hai que botar a andar.

11 diciembre 2007

Non merques Caprabo/Eroski de 1 a 15 Decembro



O sindicato de oficios varios da CNT de Lugo, fixo unha concentración o pasado Mércores 5, para pedir ó pobo que non merque en Eroski do 1 ao 15 de Decembro en sinal de solidariedade cos traballadores en conflicto na Federación Local de L’Hospitalet.
A acollida da xente, en xeral foi bastante positiva ante este pequeno, pero importante, acto do noso sindicato. Tan só resaltar a advertencia da encargada de turno que amablemente nos informou de que Caprabo pouco tiña que ver con Eroski e que “ estabamos fora de lugar”. Respecto á primeira advertencia, informamos á mencionada encargada da adquisición de Caprabo por parte do grupo Eroski e que polo tanto éste era propietario da marca e que era o noso sentido do apoio mutuo e da solidariedade de clase o que nos chamaba a estar alí, por raro que lle parecera iso á amable coordinadora do centro.
Esta non foi a última das mobilización, xa que o noso sindicato volverá a saír a rúa as veces que sexan precisas ata a resolución deste conflicto. Por iso temos pensado realizar unha nova concentración esta semana para seguir informando, concienciando e difundindo o conflicto entre as xentes do pobo.

02 diciembre 2007

Boicot a Eroski do 1 ao 15 de Decembro


O sindicato de oficios varios da CNT de Lugo, SOLIDARÍZASE cos compañeiros da Sección Sindical da CNT no centro loxístico de Caprabo (pertencente ó Grupo Eroski) en L’Hospitalet. Este sindicato realizará unha serie de mobilizacións pedindo ós veciños desta localidade que do 1 ó 15 de Decembro NON COMPRE en ningún centro de Eroski. E deste xeito apoie ós traballadores en conflicto.

Esta campaña de BOICOT á marca Eroski, vén motivada pólo rexeitamento da CNT, ás lamentables condicións laborais que sofren diariamente os traballadores do ramo nos seus postos de traballo, baixo o absoluto silencio dos Comités de Empresa que os “representan”.

Unha vez máis as continuas negativas da Empresa e do Comité de Empresa a atender as demandas dos nosos compañeiros, que suporían importantes melloras nas condición laborais para toda a plantilla do centro, a Sección Sindical da C.N.T. en Caprabo-Eroski convocou unha serie de mobilizacións para conseguir as seguintes reivindicacións:


- Delimitación clara das primas de rendemento.- Retribución dos 30 minutos de descanso de cada xornada laboral.- Clarificación e promoción real entre las diversas categorías profesionais.
- Cumprimento de las leis sobre Prevención y Riscos Laborais no traballo.

A SOV de Lugo tén prevista unha concentración para o próximo mércores 5 (ás 20 horas), diante do Eroski da rúa San Roque para levar o conflicto ás conciencias da cidadanía. Porque se te deixas pisar hoxe...¿Que farán cos teus fillos mañá?

Do 1 ó 15 de Decembro:

¡NON COMPRES NOS SUPERMERCADOS EROSKI!

12 noviembre 2007

Mercadona acosa

Despois de máis de 2 anos sufrindo acoso do seu coordinador, Daniel Pérez, e de que altos cargos de Mercadona en Benalmádena Costa deran as costas ás queixas da nosa compañeira Susana, afiliada da CNT malagueña, esta denunciou os feitos.

Foron moitos meses nos que estivo a nosa compañeira sufrindo unha presión moi forte, desde que o seu coordinador Daniel Pérez empezara a campaña de acoso e derribo. Esta situación de acoso permanente fixeren que Susana sufrira secuelas físicas (perda de peso) e psicolóxicas (ansiedade, insomnio, pesadelos, sentimentos de indefensión e infravaloración, ...). Intentou informar ós xefes de persoal da zona dos seus problemas có mencionado coordinador. Estes fixeron caso omiso polo que a compañeira decidiu denunciar por acoso laboral a Daniel Pérez.

A resposta de Mercadona é o despedimento disciplinario. Como xa nos ten acostumados. Os compañeiros de diversos sindicatos da CNT están sufrindo o mesmo trato en todos os centros de traballo ó longo e ancho do territorio nacional.
A nosa contestación será a SOLIDARIEDADE exercida por tódolos sindicatos da CNT para dar a coñecer ás tácticas mafiosas que emprega Mercacoso alí onde se establece.

CNT EN LOITA, CNT EN MARCHA.

09 noviembre 2007

É o que hai?


Reproducindo as palabras d@s compañeir@s en loita na Caprabo-Ciencias:

"A frase máis oída no noso almacén "¡É o que hai!" é sinónima do que noutros sitios se chama "prevención e riscos laborais", aínda que se emprega en calquera situación onde o sentido común deixa de existir e define perfectamente como se traballa en un almacén de Caprabo.

-Se unha máquina non frea ou se frea en seco, leva a panca aguantada con fleje ou precinto, as pas tortas, se balancea como un barco ou simplemente non serve para poder traballar en condicións normais... ¡é o que hai!

-Se che fas un corte e pides unha tirita ou alcol e tráenche kleenex e precinto... ¡é o que hai!

-Se non chegas ao xénero situado arriba dos andeis colle un pau e intenta tiralo, subete encima da máquina ou crece... ¡é o que hai!

-Se che rompes as costas movendo caixas e logo non cobras prima... ¡é o que hai!

-Se o teu terminal non ten antena, corta un anaco de cable que atopes por aí e pono de antena ou búscache a vida para que non perda a conexión... ¡é o que hai!

-Se os palets quedan atascados na cinta, súbeche nos rodetes para empuxalos ou usa unha panca. Se se caen dentro do silo, entra a recollelos e sobre todo intenta non estar á beira cando se caen... ¡é o que hai!

-Se non hai iluminación suficiente, porque non cambian os fluorescentes cando se funden, comprate un casco de mineiro...¡é o que hai!

-Se che doe a barriga ao beber auga das fontes, non bebas... ¡é o que hai!

Se de golpe aparece un sindicato que non cala, que saca toda a merda deste almacén, que di as verdades que outros ocultan e manipulan e que está disposto a loitar para mellorar e protexer as nosas condicións de traballo...

¡¡¡É O QUE HAI!!
"

Animate a visitar o local, na Rúa Nova, que encontrarás aberto todolos Martes e Xoves de 20:00h a 21:00 horas e a próxima Asembleia, no local, Domingo às 7 da tarde!

29 octubre 2007

Conflicto con Mistralina S.L.


Informamos do conflicto con Mistralina S.L. que nos chega desde Vigo.

O sindicato da CNT de Vigo ven de interpor catro denuncias de catro das suas afiliadas contra a empresa Mistralina S.L. servicios y productos de limpeza tecnica, con sede na rua Purificacion Saavedra nº 12 Vigo. Don Jose Angel Romero García, propietario da empresa, ten encima unha enorme cantidade de irregularidades, habituais no sector, as que se suman o seu desprezo cara as suas traballadoras e o acoso as que as ten sometidas. O traballo se fai baixo a formula de contrato por obra, facendo con ese mesmo contrato mais de 50, cando debería haber un contrato por cada unha das obras e os seus correspondentes finiquitos. As traballadoras estan a cobrar por debaixo do salario minimo interprofesional, e moi por debaixo do convenio do sector. A politica contra quen protesta e a ameaza e a retencion do soldo ata o día 20 do mes a represion verbal e o despido. A normativa de saude e hixiene e ignorada por completo, as traballadoras non dispoñen de roupa de traballo, son obrigadas a comer dentro da obra, non cobran plus de toxicidade.
A táctica levada ata o de agora por Jose Angel Romero García e o seu encarregado Sebastian D'Ugo e, como puido comprobar este sindicato, fomentar as rencillas entre as traballadoras creando asi desunión e impedindo a loita contra as condicións de escravitude as que estan sendo sometidas.Ademais a empresa ten feito grandes limpezas de traballadoras con despidos colectivos ilegais a conta da firma da baixa voluntaria, coa promesa de volver a chamar as traballadoras, cousa que, evidentemente, non ocorre.
O señor Romero acumula sentencias e denuncias na sua contra, xa foi embargado pola denuncia de outra traballadora por valor de 4200 euros, e persiste na sua actitude de explotacion.
A politica de explotación desta empresa xúntase coas outras duas empresas propiedade do señor Romero: Maslimpio en Teis e La Estanteria na rua Zamora, tamen en Vigo.
Durante a pasada semana, as traballadoras organizadas na CNT e as suas compañeiras teñen protagonizado ata duas concentracións por día fronte os negocios do señor Romero o longo de todo Vigo, informando da sua situación as demais traballadoras.
As traballadoras protagonizaron unha nova concentración o sabado as 10:30 da maña fronte a tenda MASLIMPIO na rua Purificacion Saavedra nº 12 de Vigo, o telefono e o 886 11 66 39 e o email
maislimpio@mistralina.com Hoxe luns as 15:30 en Campelo (Poio, Pontevedra) a concentracion farase nun dos edificios nos que as empresa traballa, o lado dos edificios "boavista" preto da fabrica de cocacola.
Dende os sindicatos da Confederacion Nacional do Traballo de Vigo e Pontevedra facemos un chamamento a Solidariedade con estas traballadoras en conflicto. Podedes contactar co sindicato de Vigo no seu telefono, entre as sete e as nove da tarde, e co sindicato de Pontevedra no telefono móbil provisional.
Sindicato CNT Pontevedra tlf. (provisional) 607 511 678

pontevedra@cntgaliza.org
Sindicato CNT Vigo tlf. fax 886 116 558
vigo@cntgaliza.org

25 octubre 2007

¡Chamadas á Solidariedade!


Queremos, desde a CNT de Lugo, divulgar os conflictos que a Confederación vén tendo noutros lugares para que os traballadores (e a cidadanía en xeral) tomen conciencia sobre como van as cousas no resto do Estado (que para concienciarse sobre o cambio climático xa temos ao profesor Rajoy).
A
seción sindical de Correos da CNT de Madrid apoia a folga dos días 29, 30 e 31 de Outubro contra a supresión do turno de tarde en Madrid porque supón unha redución encuberta de postos de traballo e un aumento nas cargas de traballo o cal afectará negativamente sobre a calidade tanto do traballo como do servicio que se lle ofrece ós usuarios.
E tras os problemas que ven tendo a Anarcosindical con Merca-Imperio nos distintos puntos da xeografía española, agora os compañeiros da
sección sindical de Caprabo non chegan a acordos coa empresa polo que continúan a folga e a CNT de L’Hospitalet chama ao boicot á dita marca (Caprabo- Eroski). ¿E que piden estes compañeiros?:
- Cumprimento de las leis sobre prevención y riscos laborais no traballo.
- Delimitación clara das primas de rendemento.
- Retribución dos 30 minutos de descanso de cada xornada laboral.
- Clarificación e promoción real entre as diversas categorías profesionais.

Semella que a seguridade e a saúde dos traballadores son secundarias para os xefazos dos hipermercados.

16 mayo 2007

Puntualización sobre el escrito "Juicio por despido de nuestro compañero de Mercadona"

Ante la situación creada por el artículo "colgado" en Kaos en la Red, titulado: "Juicio por despido de nuestro compañero de Mercadona en Vilalba (Lugo) (atención al 'sindicato' CIG)", el SUOV de la CNT de Lugo manifiesta lo siguiente:
1º) La CNT de Lugo tuvo conocimiento del contenido del mencionado artículo cuando lo leyó en la prensa alternativa.
2º) Queremos considerar que quienes lo escribieron no tenían en su poder la información de que nosotros disponemos; por tanto, el contenido del artículo es equivocado o se interpreta erróneamente. Toda la actuación de la CIG de que tenemos conocimiento va en la línea de que dicho sindicato apoya sin fisuras a nuestro compañero despedido.
CNT de Lugo

30 abril 2007

1º de Mayo

Considerando que el primero de Mayo es un día para la revindicación de nuestros derechos como trabajadores, y no una mera celebración; desde el sindicato de Lugo vamos a llevar a cabo un reparto de propaganda en distintos puntos de la ciudad en solidaridad con el compañero despedido de Mercadona, cuyo juicio está previsto para el día 7 de Mayo en el Juzgado Nº 3 de lo Social.

08 abril 2007

Mercadona despide al delegado de la Sección Sindical

Este despido, en principio normal en las relaciones Mercadona-CNT --si se pueden llamar normales los despidos--, significa en sí no un cambio en la metodología de Mercadona, sino la puesta a la luz de que es imposible hablar con quien no quiere escuchar.

El 15 de setiembre de 2006, se constituye la Sección Sindical de la CNT de Lugo y Pontevedra; y el compañero Juan, trabajador de la sucursal de Vilalba (Lugo), es elegido delegado. De acuerdo con la LOLS, se mandan a la Xunta los documentos pertinentes para su legalización. Pero, además de comunicar a la empresa la constitución de la sección --lo único que prescribe la LOLS--, se decide ver hasta qué punto puede ser posible una relación más o menos respetuosa entre empresa y sección; con el condicionante que significaba el conflicto entre Mercadona y los cenetistas en Sant Sadurní d'Anoia, compañeros con los que siempre estará la CNT de Lugo.

Así, se inicia un intercambio de comunicados entre Mercadona, en la persona de su abogado, Gustavo Serantes, y el secretario de Jurídica, Pro-presos y Asuntos Sociales de la CNT de Lugo. Y mientras en los comunicados de la CNT se aprecia, dentro de la firmeza, un "a ver si salta la liebre", Gustavo Serantes responde siempre no solo no queriendo reconocer que no se necesitaba la conformidad de Mercadona para la existencia de la sección, sino que para basar sus argumentos quería interpretar los estatutos de la CNT --casi terminaba "discutiendo sobre el sexo de los ángeles"--. En lo que sí se llega a un acuerdo, aunque verbal, es en que si existiese algún conflicto, habría una charla para intentar solucionarlo por las buenas --acuerdo que solo una vez se llevó a cabo.

A partir de la constitución, o mejor, a partir de un roce entre la coordinadora de la sucursal de Vilalba y el delegado de la sección --que fue lo que se resolvió en charla entre Gustavo Serantes y el secretario de Jurídica--, y como el delegado ya se había negado a aceptar los ofrecimientos de Mercadona y dejar el sindicato, se inicia un periodo de presiones que derivan en acoso laboral puro y duro.

En enero de 2007, se presentó la demanda de conciliación previa a la denuncia por acoso, conciliación en la que la empresa se empecinó en sus argumentos --hasta hoy en día, siempre representó a Mercadona Gustavo Serantes--. Sin transcurrir casi el tiempo, el 16 de febrero, se le comunica el despido al delegado de la sección; y, en la conciliación, la CNT pide la nulidad del mismo, que Serantes no acepta. Y el 31 de marzo, en protesta por el despido, una veintena de militantes de la CNT se concentra ante la sucursal de Mercadona en Vilalba --concentración con el acostumbrado rifirrafe con policías o guardias civiles, en este caso guardias civiles, y la denuncia de Mercadona contra los que consideraba responsables de que parte de los concentrados hubiera entrado en el local.

Retomando lo expresado al principio, la postura de Mercadona en el conflicto que mantiene con la CNT hace muy difícil llegar a acuerdos. A menos que, por circunstancias que no nos atrevemos ni siquiera a intentar adivinar, los intereses de Juan Roig cambien de signo, o vea que llevarlos a cabo le va a salir muy caro.

04 abril 2007

SOLIDARIDADE EN VILALBA NO CONFLICTO CONTRA MERCADONA

Este sábado 31 de marzo, concentrámonos, como estaba previsto, diante de Mercadona en Vilalba. Compañeiros e compañeiras chegados de toda Galiza, estaban alí para solidarizarse co compañeiro despedido no mesmo centro de traballo tras o continuo acoso o que estaba sendo sometido a raíz de crear a Sección Sindical da que él foi elixido delegado, e para revindicar o dereito á liberdade sindical que a este traballador lle foi negado. Salvo algún que outro incidente , todo transcorreu con normalidade.
Unha vez máis a CNT demostrou que é posible outra forma de sindicalismo baseada no apoio mútuo e na solidariedade.
Desde a CNT non imos a parar ata que o noso compañeiro sexa readmitido no seu posto de traballo.

27 marzo 2007

CONCENTRACIÓN MERCADONA VILALBA

O DÍA 31 DE MARZO ÁS 12.00 H. TEMOS CONVOCADA UNHA CONCENTRACIÓN DIANTE DO MERCADONA EN VILALBA (C/ Plácido Peña, s/n).NESTE CENTRO DE TRABALLO FOI DESPEDIDO UN COMPAÑEIRO O PASADO 16 DE FEBREIRO.

1. A C.N.T. DE Lugo pon en marcha unha Sección Sindical de traballadores en Mercadona

2. En Lugo, seguindo a mesma política que en San Sadurní D’Noia e pese á postura negociadora da mencionada Sección Sindical, Mercadona procurou sempre facer a vida imposible ao Delegado de dita sección, a fin de que voluntariamente se fora da empresa. Como non o conseguiu deste xeito, comunícalle o despido sin razón lóxica alguna.

3. O S.U.O.V. da C.N.T. de Lugo chama aos traballadores a mostrar a súa repulsa a estas tácticas laborales de acoso e despidos arbitrarios.

25 enero 2007

EL S.U.O.V. DE LA C.N.T. EN LUGO HA INTERPUESTO UNA DEMANDA CONTRA MERCADONA

Debido al acoso que Mercadona ha estado ejerciendo sobre uno de sus empleados (agravado notablemente cuando la empresa se entera de que se ha afiliado a la C.N.T.), este sindicato ha decidido demandar a los supermercados por “Vulneración de los derechos fundamentales por Acoso Laboral”.
Dicho acoso se viene traduciendo en una serie de maniobras que la empresa ha llevado a cabo contra nuesto compañero concretadas en la persona de su coordinadora actual. Aquí exponemos algunas de ellas:
- Múltiples, reiteradas e injustificadas llamadas de atención.
- Descalificaciones del trabajo desarrollado: teniendo en cuenta que tiene aproximadamente tres años de antigüedad en la empresa, ha cumplido siempre los objetivos establecidos y no existe queja alguna de mal trato hacia los clientes ..., si tan mal hace su trabajo, ¿por qué no está aún despedido?).
- Órdenes contradictorias por parte de su coordinadora.
...
Hasta tal punto ha llegado la situación que la empresa le ha hecho una serie de “sugerencias” a este trabajador, ofreciendole una serie de privilegios y beneficios si cesaba en su condición de afiliado a la C.N.T..
La gota que colma el vaso, y lo que lleva al compañero a denunciar su situación es que ha sido el único de sus compañeros que no ha pasaso la valoración personal que la empresa realiza cada año a cada uno de sus empreados . Claramente es un trato discriminatorio, ya que en dicha valoración está “aprobado” en cumplimiento de objetivos y en el trato hacia los clientes, pero “suspende” en el trato hacia sus compañeros (“sus superiores”) ya que por lo visto no es lo suficientemente sumiso.
Según el maravilloso convenio que actualmente está en vigor (no tiene desperdicio), la valoración para pasar de tramo es personal y la hace la propia empresa , de tal modo que, en realidad, no se valora única y exclusivamente el cumplimiento en el puesto de trabajo, sino aspectos que nada tienen que ver con que las tareas esten bien o mal hechas (libertad para sindicarse, por ejemplo).
Se demuesta, una vez más que los convenios colectivos negociados por los sindicatos mayoritarios y dentro del sistema sindical vigente, acaban dejando en situación de indefensión total a los trabajadores que quieren hacer bien su trabajo, pero que no entran por el aro, favoreciendo a la empresa.
Por último, decir que el ataque de Mercadona hacia la C.N.T. está siendo brutal. Esta empresa nos considera una organización totalmente ilegal (palabras textuales de miembros de la empresa). En definitiva, por todo esto nosotros desde Lugo continuaremos la lucha iniciada por nuestros compañeros en otros lugares de España, ya que consideramos que no se revindican cosas imposibles, se está pidiendo que no se vulneren los derechos que nos pertenecen como trabajadores, aun cuando nosotros si cumplimos con nuestro trabajo.

Salud.